1. Que é unha cookie
Unha cookie é un pequeno arquivo que un sitio web pode gardar no teu navegador para acordarse de ti entre sesións (por exemplo, manter a sesión iniciada). A AEPD trata como "cookies" tamén o almacenamento local (localStorage, sessionStorage) e os identificadores similares aínda que tecnicamente non sexan cookies HTTP.
2. Que usa LeyroChain
A día de hoxe LeyroChain só usa almacenamento estrictamente necesario para que a plataforma funcione. Non usamos cookies de analítica, de publicidade nin de redes sociais. Non vendemos os teus datos.
| Nome / chave | Tipo | Para que serve | Caducidade |
|---|---|---|---|
| access_token | Esencial (sen consent) | access_token + refresh_token en localStorage do navegador para manter a túa sesión activa sen pedir login en cada navegación. | 30 días (token de sesión) · Indefinido (preferencias) |
| leyrochain.lang | Esencial (sen consent) | leyrochain.lang preferred_language para acordarse do idioma escollido (gl ou es). | Indefinido |
| leyrochain.cookie_consent_v1 | Esencial (sen consent) | leyrochain.cookie_consent_v1 para acordarse de que aceptaches este aviso (cando estea activo). | 12 meses |
3. Consent
O almacenamento esencial non require consent — sen el a plataforma non funciona, e a normativa europea exíntea explícitamente. Calquera engadido futuro (analítica, terceiros) pedirá consent antes de activarse, mostrarase un banner co dereito a aceptar, rexeitar ou configurar individualmente cada categoría.
4. Como xestionar / borrar
Podes borrar o almacenamento local en calquera momento desde a configuración do teu navegador (sección Cookies / Datos do sitio). Tamén podes pechar sesión dende o menú do teu perfil — isto borra os tokens da sesión actual. Tras borralos, terás que iniciar sesión de novo.
5. Cambios nesta política
Cando engadamos novas categorías (analítica, terceiros, etc.) reflicaranse aquí e mostraremos un banner pedindo consent expreso antes de activarse. Esta páxina é a fonte de verdade — consúltaa antes de iniciar sesión se che importa o asunto.